Wednesday 15 de May de 2024

Abre o prazo de matrícula para os 19 cursos gratuítos de informática que terán lugar en Aguiño, Castiñeiras, Oleiros, Carreira e Riveira


O Concello de Riveira deu a coñecer esta mañá a proposta dos 19 cursos informáticos que se van a impartir para os meses de outubro, novembro e decembro nas diferentes parroquias. O prazo de inscrición para matricularse comeza mañá, día 6, e será ata o venres 14 de outubro.

Dende a Concellería de Atención e Participación Cidadá, a concelleira delegada, Fabiola García, acompañada polo mestre da Aula CEMIT, Abel Alonso, informou que estas accións formativas desenvolveranse nas parroquias de Aguiño, Carreira, Castiñeiras, Oleiros e Riveira e teñen un custe totalmente gratuíto.

Haberá catro cursos de iniciación á informática así como outros catro para realizar con dispositivos móbiles co fin de sacar un maior proveito dos smartphones. Contarase con dous de retoque fotográfico, dous de dni electrónico e certificados dixitais,un de crea o teu blog, de edición de audio e vídeo, de iniciación a base de datos e de preparación do CODIX.

Como novidade implántase un curso de formación exclusivo para docentes e outros dous cursos que se realizan en colaboración coa Asociación de Empresarios de Riveira como son o de redes sociais no comercio e o de uso de internet e correo electrónico no comercio.

Os interesados poden anotarse en horario de 10 a 14 horas e de18.30 a 21.30 horas na Aula CeMit, na rúa Cubeliños (teléfono:981 876 043). Tamén cabe a posibilidade de anotarse vía web en:

https://aulascemit.xunta.es/usuarios/spring/actividades?execution=e4s1